Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Seguridade e prevención
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A16 B22 C6 O profesor realizará a exposición oral de cada tema ou lección, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A mera asistencia presencial ás clases (deber básico do alumno), é dicir, sen unha parcitipación proactiva nas mesmas, non suporá ningunha nota na cualificación final da materia.
1
Estudo de casos A16 B22 C6 Resolución de casos que describen unha situación real da vida profesional, achegando solucións razoadas a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 10
Aprendizaxe colaborativa A15 A23 A25 Resolución de tarefas asignadas polo profesor, para o estudo de problemas concretos, co fin de optimizar a aprendizaxe da materia presentada en clases maxistrais. 10
Presentación oral A15 A23 A25 Exposición de forma oral e participación proactiva, con breve explicación dos obxectivos do curso, en relqación con cada un dos temas e leccións que se tratan en clase. 9
Proba obxectiva A15 A16 A23 A25 B22 C6 A nota obtida polos traballos realizados nas clases interactivas, así como a participación proactiva do alumno cara á materia, poderá supor un 30% da nota final.
A nota obtida no exame final (proba obxectiva) suporá o 70% da cualificación final.

A mera asistencia presencial ás clases (deber básico do alumno), é dicir, sen unha parcitipación proactiva nas mesmas, non suporá ningunha nota na cualificación final da materia.

A CUALIFICACIÓN FINAL DA MATERIA CALCULARASE DA SEGUINTE MANEIRA:

- No caso de que a nota do exame final (proba obxectiva, que supón o 70%) sexa igual ou maior que 4 (sobre 10) se lle añadira a nota obtida nas clases interactivas (o 30%), para o cálculo da cualificación total da materia (100%).

- No caso de que o alumno obteña unha nota menor que 4 (sobre 10) no exame final (proba obxectiva) a cualificación final da materia será igual a esta nota obtida no exame.
70
 
Observacións avaliación
As normas expostas aplicaranse ao longo de todo o curso.
Non existen exames parciais.
Cada unha das metodoloxías de avaliación será independente en cualto a cualificación.
Para que o alumno poida presentarse ás probas obxectivas (exames oficiais de Xuño e de Xullo) debe realizar e presentar os traballos das clases interactivas.
Ambas as probas obxectivas, a de Xuño e a de Xullo, terán o mesmo valor e os mesmo requisitos para a súa cualificación, constituíndo as dúas oportunidades para superar a materia no curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes