Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Instalacións III
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A9 A15 A20 A26 A35 Exame práctico no que se propoñerá como mínimo un exercicio similar aos casos prácticos desenvolvidos durante o curso. No caso de que o alumno non presentase os traballos individuais por curso, esta parte do exame pasará a ter un valor do 60%. 35
Estudo de casos A9 A12 A15 A19 A26 B22 C4 Avaliaranse os documentos entregados polo alumno, nos que se reflicte o traballo práctico individual de cada módulo. Valórase a presentación, a claridade, o nivel de detalle e a precisión no manexo dos conceptos e principios básicos, así como nos resultados obtidos. A presentación de todos os traballos individuais en prazo, será requisito indispensable para aprobar a materia por curso. 25
Proba de resposta breve A12 A18 A19 B5 B12 Exame de resposta breve ou tipo test cun mínimo de 10 preguntas e un máximo de 20. A nota mínima esixida na proba teórica é de 4, para poder facer media coa nota do exercicio práctico. 40
 
Observacións avaliación
Asistencia ás sesións interactivas é obrigatoria, permítese un máximo de dúas faltas no cuadrimestre. Estas faltas non eximen o alumno da entrega obrigatoria dos traballos individuais formulados en clase. No caso de que o alumno non presentase a totalidade dos traballos individuais formulados por curso na data indicada, perderá o dereito a ser evaluado por curso.

Proba obxectiva:
- Examen teórico: consta dunha parte teórica na que se propoñen de 10 a 20 preguntas tipo test ou de resposta breve, na que se esixe unha nota mínima de 4 (40% da nota final).
- Examen práctico: a parte práctica será un exercicio similar aos traballos individuais desenvolvidos durante o curso (35% da nota final).

A nota final se calcula según a fórmula:

N= 25% TI + 40% ET + 35% EP
TI: Nota media dos traballos individuaís.
ET: examen teórico (10 a 20 preguntas cortas ou de tipo test)
EP: examen práctico (problema o problemas similares a os feitos en clase).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes