Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Instalacións III
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A9 A15 A20 A26 A35 Exame práctico no que se propoñerá como mínimo un exercicio similar aos casos prácticos desenvolvidos durante o curso. 18
Estudo de casos A9 A12 A15 A19 A26 B22 C4 Realizaranse un mínimo de cinco traballos prácticos individuais, un por cada bloque temático, que será tipo test ou resposta curta e entre 10 e 20 preguntas. O profesor poderá expor un traballo práctico en grupo complementario aos individuais, cuxa nota repercutirá en nótaa media de traballos prácticos realizados durante o curso, esíxese a asistencia ás sesións interactivas 42
Proba de resposta breve A12 A18 A19 B5 B12 Exame de resposta breve ou tipo test cun mínimo de 10 preguntas e un máximo de 20. 40
 
Observacións avaliación
Avaliación por curso (70% da cualificación da materia):

• Probas obxectivas teóricas: realizarase un exame teórico que será tipo test ou resposta curta e entre 10 e 20 preguntas, de cada un dos bloques temáticos, para poder presentarse ás probas teóricas esíxese a asistencia a clase (40% da cualificación obtida por curso, nota mínima 4).
• Traballos prácticos: Realizaranse un mínimo de cinco traballos prácticos individuais, un por cada bloque temático, . O profesor poderá expor un traballo práctico en grupo complementario aos individuais, cuxa nota repercutirá en nótaa media de traballos prácticos realizados durante o curso, esíxese a asistencia ás sesións interactivas (60% da cualificación obtida por curso)

Exame final (proba obxectiva) (30% da cualificación da materia):
• O exame final consta de dous partes: unha teórica e outra práctica.
• O exame teórico (exame tipo test e resposta curta, entre 10 e 20 preguntas) supón o 40% da nota da proba obxectiva.
• O exame práctico (propoñerase un exercicio similar aos traballos prácticos realizados durante o curso), o que supón un 60% da nota da proba obxectiva.

Aclaracións relevantes:
• Se a cualificación media obtida por curso é superior a 8, o alumno quedará eximido de presentar o exame final, neste caso obterá unha nota máxima de 6,9. Os alumnos que desexen optar a unha nota máis alta, deberán presentar exame final (teoría e práctica).
• No caso de dispensa académica, o alumno estará obrigado a presentar as probas teóricas por curso e presentar os traballos individuais nas datas fixadas polo profesor. En caso contrario, a cualificación obtida por curso será un cero.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes