Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Historia dos Procesos Construtivos na Edificación
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os materiais, tecnoloxías, equipos, sistemas e procesos construtivos propios da edificación en xeral e en particular aqueles específicos de Galicia. A3
Coñecer a evolución histórica dos materiais, tecnoloxías, procedementos, métodos, sistemas e elementos construtivos. A5
Coñecer e aplicar os distintos sistemas de representación así como as técnicas e procedementos de expresión gráfica aplicados á edificación e ás construcións arquitectónicas A6
Aplicar as técnicas de xestión da calidade, xestión medioambiental e construción sustentable. A20
Capacidade de análise e síntese. B1
Capacidade para a procura, análise, selección, utilización e xestión da información. B3
Capacidade de traballo en equipo. B7
Razoamento crítico. B12
Aprendizaxe autónomo. B14
Hábito de estudo e método de traballo B25
Capacidade de razoamento, discusión e exposición de ideas propias B26
Capacidade de comunicación a través da palabra e da imaxe B27
Sensibilidade cara a temas relacionados coa protección, conservación e posta en valor do patrimonio cultural e arquitectónico. B30
Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo B4
Capacidade para a resolución de problemas B5
Dirixir e xestionar o proceso de execución da obra A18
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica B16
Orientación a resultados B23
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma C1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común C4
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. C5
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse C6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade C8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes