Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Xeometría Descritiva e da Representación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A38 B31 B32 B33 B34 B35 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Realizaranse probas obxectivas durante o curso sobre os contidos dos diferentes Sistemas de Representación. Estas probas terán características similares aos exercicios desenvolvidos nas clases interactivas e servirán para articular un proceso de avaliación continua. 100
 
Observacións avaliación

Considérase obligatoria a asistencia tanto ás clases expositivas
(TEORÍA) como ás interactivas (PRÁCTICA) polo que os alumnos deberán
cumprir uns requisitos de asistencia mínima para poder presentarse ás
probas obxectivas. Esta asistencia mínima será do 80%.


As probas obxectivas puntuables cualificaranse sobre 10 puntos cada
unha. A cualificación final global destas probas obterase sumando as
cualificacións de cada unha delas e dividindo esta suma polo número de
probas realizadas. Faise constar que para que se poida realizar a media,
a cualificación mínima en cada unha das probas ha de ser de 3 puntos.
Para obtar ao aprobado por curso será obligatorio presentarse a TODAS as
probas obxectivas. O calendario e contido das probas obxectivas
comunicarase aos alumnos ao comezo das actividades docentes.


Ademais da asistencia, participación e realización de traballos
tutelados poderanse realizar as probas que se consideren necesarias co
fin de valorar adecuadamente o grado de asimilación dos contidos
conceptuais e procedimentales da materia.


O alumno que alcance unha cualificación media global de 5 puntos ou
superior na suma das probas obxectivas puntuables superará a materia por
curso.


Os alumnos que non alcancen a cualificación mínima global de 5 puntos
deberán presentarse ao Exame Final oficial da materia que se celebrará
ao final do 2º cuatrimestre (Primeira Oportunidade) segundo calendario
oficial aprobado en Xunta de Escola.


Gardaranse os aprobados nas probas obxectivas puntuables realizadas
durante o cuatrimestre pero por sistemas completos (DIÉDRICO, ACOUTADO,
AXONOMETRÍA, PERSPECTIVA). Esta condición considérase vinculada ao curso
académico correspondente e xa que logo estes aprobados gardaranse para a
Primeira Oportunidade (Xuño) e Segunda Oportunidade (Xullo) pero
exclusivamente durante o curso actual e non se manterá esta reserva para
cursos posteriores. Tampouco se gardarán para a Segunda Oportunidade os
aprobados parciais a diario que se puidesen producir no exame final da
Primeira Oportunidade.


NOTA IMPORTANTE. Para que o alumno poida ter unha cualificación de
aprobado nos exames finais deberá obter unha cualificación media global
de 5 puntos ou superior na suma dos exercicios propostos pero será
obligatorio puntuar en todos os exercicios correspondentes aos
diferentes Sistemas de Representación. Unha cualificación de 0 nalgún
deles daría lugar á cualificación de suspenso na materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes