Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Ferramentas Gráficas Dixitais para a Edificación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A38 A45 B1 B3 B4 B5 B12 B14 B16 B25 B27 B32 B33 B34 C1 C3 C8 Propoñerase a elaboración de traballos prácticos relacionados cos contidos da materia. Ao comezo do cuadrimestre comunicarase aos alumnos o número de traballos, as súas características e as datas de entrega correspondentes.
Considerarase o seguimento da recompilación de datos e a xestión de información elaborada polo alumno con relación aos traballos desenvolvidos (portfolio) así como a participación activa e o aproveitamento do alumnado nas prácticas e actividades que se realicen sobre os contidos da materia.
70
Prácticas a través de TIC A38 A45 B1 B3 B4 B5 B12 B14 B16 B25 B31 B32 B33 B34 C3 C8
Desenvolveranse prácticas que demostren destrezas no manexo das ferramentas dixitais expostas durante as clases. Poderanse realizar probas que se consideren necesarias co fin de valorar adecuadamente o grao de asimilación dos contidos conceptuais e procedementais da materia. Estas probas poderán ter un formato variado e adaptado ás características especificas dos contidos expostos.
30
 
Observacións avaliación

Para a avaliación da asignatura esíxese unha asistencia regular tanto ás clases expositivas (TEORÍA) como ás interactivas (PRÁCTICA) cun mínimo do 80% de asistencia en cada unha delas. Calquera incidencia relacionada coa asistencia (causas familiares, laborais, dispensa académica de exención de asistencia, etc.) deberá ser comunicada ao profesorado responsable ao comezo do periodo de docencia ou no momento en que esta se produza.

A docencia da asignatura de Ferramentas Gráficas Digitales para a Edificación baséase nunha metodoloxía de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), suxeitos a un sistema de avaliación continua e coa obligatoriedad de participación activa por parte do alumnado.

Cada tarefa/traballo práctico realizarase de forma individual e consideraranse APTOS aqueles traballos que alcancen unha puntuación mínima de 5 sobre 10. Para superar a asignatura é necesario a correcta realización de TODOS os traballos propostos así como o adecuado seguimiento dos mesmos na clase de prácticas (taller) e nas tutorías.

Ademais da asistencia, participación e realización de traballos tutelados poderanse realizar as probas que se consideren necesarias co fin de valorar adecuadamente o grado de asimilación dos contidos conceptuais e procedimentales da asignatura.

Para superar a asignatura POR CURSO o alumno deberá realizar a entrega de TODOS os traballos propostos na forma e prazo sinalados ao comezo do periodo de docencia e cada un dos traballos deberá ser cualificado como APTO.

Os alumnos que non superen a asignatura por curso deberán entregar os traballos correspondentes na data fixada para a Primeira Oportunidade de avaliación (XUÑO) ou, no seu caso, na data fixada para a Segunda Oportunidade de avaliación (XULLO). Nestas entregas deberán seguirse OBLIGATORIAMENTE as indicacións correspondentes do profesorado responsable da materia.

Para poder ser evaluado na Primeira e Segunda Oportunidade considérase OBLIGATORIO realizar un seguimiento dos traballos a entregar sendo responsabilidade do alumno a participación activa nas tutorías.


IMPORTANTE: Terá a condición de NON PRESENTADO o alumno que se atope nalgunha das seguintes circunstancias:


- Non cumprir co mínimo de asistencia esixido.


- Non entregar en tempo e forma algún dos traballos propostos.


Non se permitirá completar ou modificar os traballos fóra das datas de entrega sinaladas.

Implicacións do plaxio: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes