Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Equipos e Medios Auxiliares para a Edificación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A56 A62 B31 B32 B33 B34 B35 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Proba escrita individual que integra preguntas abertas tanto de teoría como de resolución de problemas. Ademais, en canto a preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de elección múltiple, ordenación, resposta curta, discriminación, conclusión e / ou asociación. Tamén se pode propoñer a resolución de exercicios prácticos. 70
Sesión maxistral A56 A62 B31 B32 B33 B34 B35 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Exposición oral e gráfica en pizarra e soporte de medios audiovisuais con inserción específica de invitación aos alumnos para comentarios e debates para apreciar os puntos de vista e facilitar a aprendizaxe.

A asistencia mínima obrigatoria será do 80% das clases expositivas para ter dereito a cualificación.
2
Traballos tutelados A56 A62 B31 B32 B33 B34 B35 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 Os 4 proxectos presentados serán avaliados, tanto na súa parte de desenvolvemento coma na presentación oral das mesmas nas sesións interactivas.
27
Eventos científicos e/ou divulgativos A56 A62 B31 B32 B33 B34 B35 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 A asistencia será esencial, valorarase a participación activa do alumno na actividade e, no seu caso, o profesor poderá solicitar un traballo sobre o tema para a súa cualificación. 1
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é obrigatorio obter unha nota de 5 sobre 10 na proba obxectiva, que computará o 70% da nota final. 

A cualificación obtida na resolución dos proxectos propostos, entregada e defendida na presentación oral durante as clases interactivas constituirá o 27% da nota final.
 

A participación activa nas clases computará o 2% da nota final e a asistencia á conferencia (ou saída de campo) computará o 1% segundo o seu uso.
 

Todos os estudantes poden asistir á proba obxectiva (tanto na primeira como na segunda oportunidade).

Se a proba obxectiva non foi aprobada, a nota final da materia será a obtida no exame computando ao 100%. 

Non se corrixirá ningunha evidencia obxectiva que non estea asinada ou se cubran todos os datos persoais.
 

O alumno que non asiste ás clases prácticas ou non realiza a proba obxectiva será cualificado con "Non presentado". 

É a autoridade do profesor a realizar probas parciais de substitución da proba obxectiva.

Os traballos prácticos tenrán validez solamente para o curso en vigor.

Los alumnos con dispensa académica solamente realizarán la prueba objetiva que computará al 100% de la calificación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes