Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Humanidades
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 Coñecemento das producións culturais da Humanidade (Arte, Pensamento, Literatura e Institucións).
  A2 Coñecemento do pasado desde un punto de vista diacrónico.
  A3 Coñecemento do espazo e do territorio.
  A4 Coñecemento dos diferentes bens e recursos patrimoniais e do seu réxime xurídico.
  A5 Coñecemento de estratexias de desenvolvemento cultural e medioambiental.
  A6 Coñecemento do comportamento humano individual e social.
  A7 Coñecemento sincrónico e diacrónico de diversas realidades culturais actuais.
  A8 Coñecemento básico da realidade socio-política contemporánea.
  A9 Coñecementos de linguas e culturas clásicas.
  A10 Coñecementos de linguas modernas.
  A11 Coñecemento de técnicas e métodos de traballo e análise das ciencias humanas e sociais.
  A12 Uso correcto, oral e escrito, das linguas propias.
  A13 Uso correcto, oral e escrito, de alomenos unha lingua estranxeira.
  A14 Deseño e produción de bens culturais.
  A15 Avaliación de impactos medioambientais e patrimoniais.
  A16 Avaliación da viabilidade de proxectos.
  A17 Innovación na presentación e difusión da cultura.
  A18 Identificación e construción creativa das necesidades do mercado cultural.
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaborativa.
  B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
  B8 Comunicación oral e escrita nas linguas propias.
  B9 Capacidade de expresión oral e escrita nunha lingua estranxeira.
  B10 Capacidade de análise e de síntese.
  B11 Capacidade de xestión da información relevante.
  B12 Capacidade de integración en equipos multidisciplinares.
  B13 Recoñecemento da riqueza da diversidade e da multiculturalidade.
  B14 Saber traballar con equipos internacionais.
  B15 Saber abordar conflitos interpersoais.
  B16 Capacidade para a adaptación a cambios no contorno.
  B17 Capacidade para emprender melloras e propoñer innovacións.
  B18 Capacidade de dirección e liderado.
  B19 Motivación e compromiso cara á calidade nas actuacións profesionais.
  B20 Creatividade e orixinalidade no pensamento e a práctica.
  B21 Sensibilidade social, sentido da xustiza e da equidade e sensibilidade cara á desigualdade.
  B22 Sensibilidade polo medio ambiente e a súa protección.
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes