Teaching GuideTerm
Faculty of Humanities
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
 Asignaturas
  Patrimonio Bibliográfico Documental e Arquivística
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Patrimonio Bibliográfico Documental e Arquivística Código 710521003
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Ruiz Astiz, Javier
Correo electrónico
j.ruiz.astiz@udc.es
Profesorado
Ruiz Astiz, Javier
Correo electrónico
j.ruiz.astiz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretender introducir no ámbito do Patrimonio Bibliográfico-Documental: conceptos, problemas, perspectivas de futuro e fontes de información. Asimesmo, esta disciplina busca introducir a os/as alumnos/as nos procesos e técnicas da Arquivística de especial relevancia dentro do ámbito da Documentación como disciplina científica. Para iso se centra nos seguintes elementos: a) Os conceptos e formulacións teóricas centrales no estudo da arquivística. b) Estudo do marco de normalización internacional. c) Se busca a aplicación práctica do estudiado no marco conceptual e metodolóxico técnico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: – Sesión maxistral. – Traballos tutelados. – Lecturas. – Proba mixta. – Atención personalizada. *Metodoloxías docentes que se modifican: – Proba mixta (non se realizará de forma presencial, senon por medios telemáticos). – Sesión maxistral (non se realizará de forma presencial, senon por medios telemáticos: Teams). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: sesións en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 4 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación – Non se realizarán cambios, polo que as porcentaxes seguirán sendo os mesmos. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. Requisitos para superar a materia: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballo tutelado, lecturas e exame). 3. Entregar e expoñer o traballo tutelado na data que se indique. 4. A 2ª oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a 1ª oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: – Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes