Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
 Asignaturas
  Organización e Xestión de Museos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A4 A8 A10 A13 A14 B2 B6 B12 C1 C2 C4 C8 C10 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos.

50
Presentación oral A3 A7 B4 B6 B8 C1 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio e outras achegas de interese por parte dos estudantes reflexionando sobre os temas propostos pola profesora ou plantexando dúbidas de forma constructiva. 10
Proba mixta A1 A5 A6 A9 A11 A15 B1 B3 B12 C2 C3 C10 Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas plantexadas, o nivel de coñecementos demostrado, a ausencia de erros, as achegas persoais, así como a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia. Terase en conta a expresión, corrección ortográfica e presentación, que poderán restar puntos. 40
 
Observacións avaliación

O alumnado con  dispensa académica realizará as  seguintes probas: lecturas, proba de asociación  e traballo tutelado, sendo un 50% da avaliación as duás primeiras probas e o traballo  tutelado outro 50 %. Se arbitrarán dacordo co alumnado nesta situación  as medidas de atención necesarias.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes