Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
 Asignaturas
  Literatura e Casas Museo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A6 A8 A10 B2 B4 B11 C6 Será necesario elaborar unha análise dunha casa-museo a partir de uns parámetros establecidos pola profesora.
Valorarase a capacidade de obxetivar os datos observados e identificar a súa pertinencia e adecuación ao patrimonio e a memoria histórica.
20
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A8 A10 A11 B6 C3 C5 C6 Requírese orixinalidade e rigor.
Valorarase a capacidade de utilizar todos os recursos ofrecidos perante as saídas de campo, e os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e no estudo de casos e lecturas nun proxecto novo que propoña unha museización razoada de contidos relacionados ca literatura.
Será fundamental que o traballo sea persoal e orixinal. O traballo escrito terá un valor de ata o 30% e a súa presentación na aula o 30%
60
Saídas de campo A1 A2 A10 B2 C3 No marco desta materia realizarase unha saída a unha casa museo ou institución relacionada. Valorarase a asistencia e participación na actividade, a capacidade de observación, recopilación de datos, e posta en relación dos mesmos, así como a utilización da observación na proposta do proxecto de investigación posterior.
Será necesario entregar un breve resumo da actividade.
20
 
Observacións avaliación

Os traballos entregaránse nas datas oficiais establecidas polos centros para a realización das probas escritas, tanto na primeira oportunidade coma na segunda.

Para aprobar a materia será preciso que a nota do proxecto de investigación acade un mínimo dun 4,5 (obtido despois de valorar tanto a presentación escrita como a oral). Ademais de ter uns contidos adecuados é fundamental que os traballos estean correctamente escritos (as faltas de ortografía ou coherencia poden penalizar ata 0,5 puntos cada unha) e se presenten correctamente en papel e versión electrónica.

Os traballos han de ser orixinais e poderán ser sometidos o programa de detección de plaxios suscrito por la UDC. De detectarse plaxio, os traballos recibirán a nota de 0. Cualquera falta de
honradez académica (plaxio, copiar en exámenes, etc.)penalizarase de
acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
univeresitario" artículo 14).

Estableceránse medidas para atender a alumnos con dispensa académica recoñecida.

O alumnado que teña dificultades para asistir ás sesións presenciais
(incompatibilidade horaria ou outras causas xustificadas documentalmente) deberá
comunicalo ás profesoras antes de que comecen as aulas ou durante a
primeira sesión. Unha vez comprobada a súa situación, poderá optar ás
mesmas condicións de evaluación que o alumnado con dispensa académica.

Convocatoria
adiantada de decembro
: O sistema de avaliación será o mesmo que
para as persoas con dispensa académica. O/A estudante deberá pórse en
contacto coa profesora no mes de outubro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes