Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
 Asignaturas
  Historia dos Arquivos e as Bibliotecas
   Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución xeral á historia dos arquivos e das bibliotecas.

2. Primeiras civilizacións I.
O antigo Oriente. Sumer e o nacemento da escritura. A gran tradición mesopotámica. O Exipto faraónico.

3. Primeiras civilizacións II.
O Extremo Oriente: India, China e Xapón. América precolombina: maias, incas e aztecas.

4. Grecia antiga. O sistema documental do mundo micénico. Democracia ateniense e arquivos. Bibliotecas do helenismo.

5. Antiga Roma. A República: arquivos oficiais e bibliotecas privadas. O Imperio: bibliotecas públicas e privadas. O sistema documental e a súa evolución.

6. A transmisión da cultura clásica: Bizancio, o Islam.

7. O Occidente cristián: arquivos e bibliotecas monásticos. O renacemento carolingio.

8. Novas ordes relixiosas: as súas bibliotecas. Arquivos e bibliotecas catedralicios. As universidades e as súas bibliotecas.

9. As bibliotecas e os arquivos reais. O novo humanismo. As bibliotecas privadas.

10. O advenimiento dos tempos modernos: século XV. Bibliotecas e arquivos reais.

11. Reforma e Contrarreforma: o século XVI. O concilio de Trento e a súa repercusión na publicación de libros e a vida bibliotecaria. O testemuño de Cervantes. O Estado moderno e o arquivo de Estado. Simancas.

12. A época do Barroco: o século XVII. O triunfo das letras vernáculas e a imprenta barroca. A América española: arquivos virreinales e administración de goberno; a formación de bibliotecas: Iglesia e particulares.

13. O século XVIII e a Ilustración. O despotismo ilustrado, os arquivos e as bibliotecas públicas. Sociedades, academias e o papel da prensa. O caso de Francia: a Enciclopedia, o libro francés.

14. A época da Revolución Francesa e as súas consecuencias. Libros, lectores e bibliotecas: liberdade, censura e persecución. Os arquivos no período revolucionario.

15. O século XIX e o novo Estado liberal. Novos formatos e técnicas de impresión. Cara a unha sociedade de lectores: bibliotecas públicas e privadas. Arquivos históricos e administrativos. O nacemento da arquivística. A Library of Congress.

16. O século XX e a consolidación da cultura arquivística e bibliotecaria no mundo occidental. Os arquivos de Europa entre dúas guerras mundiais. Arquivos e democracia. Modelos e exemplos de bibliotecas universitarias europeas. Arquivos e bibliotecas nos Estados Unidos.

17. Historia dos arquivos na España contemporánea. Arquivos estatais, arquivos provinciais e arquivos municipais. Arquivos da Igrexa e particulares.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes