Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
 Asignaturas
  Organización e Xestión de Arquivos Históricos e Bibliotecas Patrimoniais
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Organización e Xestión de Arquivos Históricos e Bibliotecas Patrimoniais Código 710521022
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
Profesorado
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Ruiz Astiz, Javier
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
j.ruiz.astiz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia dá a coñecer os principios fundamentais de xestión e tratamento do patrimonio bibliográfico e documental. Ten como obxectivo capacitar para unha aproximación crítica ás actividades de diversa índole para a difusión, divulgación e uso social do patrimonio documental e bibliográfico. Traza unha visión xeral da formación e tipos de bibliotecas patrimoniais, a xestión do desenvolvemento específico das súas coleccións, así como aspectos da súa organización e posta en valor no actual marco tecnolóxico. Presenta a organización e descrición dos fondos documentais en arquivos históricos, o panorama xeral do sistema español de arquivos e os principais arquivos históricos de España e Galicia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: -Proba de resposta múltiple: mantense de xeito síncrono e asíncrono online, utilizándose para tal fin Moodle e Forms, xunto coa súa coordinación a través de videoconferencia en Microsoft Teams. Os alumnos e alumnas que non poidan realizar as probas a través dos medios previstos, deben comunicar aos docentes da materia tal circunstancia ofrecendo unha motivación con suficiente antelación. -Sesión maxistral: mantense por videoconferencia, no seu horario habitual, primando a aprendizaxe activa e participativa. Deste xeito, os profesores reforzarán as comunicacións a través do foro de novas de Moodle, retroalimentación das actividades, tamén, en Moodle e dispoñibilidade online para consultas e seguimento do alumnado. -Lecturas: mantéñense, segundo as indicacións dos profesores da materia. -O traballo tutelado: mantense, os alumnos e alumnas deberán entregar o traballo a través de Moodle, na data indicada e seguindo as indicacións dadas polos profesores. *Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: -Ferramentas: correo electrónico da UDC, Microsof Teams e Moodle (retroalimentación formativa das actividades). -Temporalización: aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. Rógase que, en primeira instancia, a comunicación se estableza a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posible concertar citas para videoconferencias a través de Teams. 4. Modificacións na avaliación: proba de resposta múltiple, mediante test en Forms e Moodle, nos que se avaliarán os contidos teóricos e prácticos da materia. Tempo para a súa realización: 2 horas. Cualificación: 40%; traballo tutelado, os alumnos entregarán, no prazo estipulado, o traballo a través de Moodle. Cualificación: 60% *Observación da avaliación: para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo, é dicir, se un alumno non supera o traballo tutelado non se lle avaliará a proba de resposta múltiple e viceversa. Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas. Os alumnos que non entreguen ou non superen o traballo, e todos os test, xunto cos alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados de xeito síncrono nos exames oficiais dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 100%). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: o material preciso para preparar a materia (apuntes, gravacións das clases e/ou referencias web aos textos que son imprescindibles) colgarase na plataforma Moodle ou darase acceso a el a través de enlaces de Internet.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes