Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
 Asignaturas
  Organización e Xestión de Arquivos Históricos e Bibliotecas Patrimoniais
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Organización e Xestión de Arquivos Históricos e Bibliotecas Patrimoniais Código 710521022
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
Profesorado
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Ruiz Astiz, Javier
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
j.ruiz.astiz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia dá a coñecer os principios fundamentais de xestión e tratamento do patrimonio bibliográfico e documental. Ten como obxectivo capacitar para unha aproximación crítica ás actividades de diversa índole para a difusión, divulgación e uso social do patrimonio documental e bibliográfico. Traza unha visión xeral da formación e tipos de bibliotecas patrimoniais, a xestión do desenvolvemento específico das súas coleccións, así como aspectos da súa organización e posta en valor no actual marco tecnolóxico. Presenta a organización e descrición dos fondos documentais en arquivos históricos, o panorama xeral do sistema español de arquivos e os principais arquivos históricos de España e Galicia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: -Proba de resposta múltiple: mantense de xeito síncrono en liña, utilizándose para tal fin o Campus Virtual e Forms, xunto coa súa coordinación a través Teams e o correo electrónico. Os alumnos e alumnas que non poidan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar ao profesorado da materia tal circunstancia, ofrecendo unha motivación con suficiente antelación. -Sesión maxistral: mantense por videoconferencia, no seu horario habitual, primando a aprendizaxe activa e participativa. Deste xeito, o profesorado reforzará as comunicacións a través do foro de novas do Campus Virtual, a retroalimentación das actividades, tamén no Campus Virtual, e a dispoñibilidade en liña para as consultas e o seguimento do alumnado. -Lecturas: mantéñense, segundo as indicacións do profesorado da materia. -O traballo tutelado: mantense, os alumnos e alumnas deberán entregar o traballo a través do Campus Virtual, na data indicada e seguindo as indicacións dadas polo profesorado. *Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: -Ferramentas: correo electrónico da UDC, Teams e o Campus Virtual (retroalimentación formativa das actividades). -Temporalización: aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. Rógase que, en primeira instancia, a comunicación se estableza a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posible concertar citas para videoconferencias a través de Teams. 4. Modificacións na avaliación: -Proba de resposta múltiple, mediante un cuestionario en Forms e o Campus Virtual, no que se avaliarán os contidos teóricos e prácticos da materia. Tempo para a súa realización: 40 minutos. Cualificación: 40% O alumnado pode e debe empregar e revisar toda a documentación relacionada cos temas da materia para dar resposta ás preguntas da proba. -Traballo tutelado, os/as alumnos/as entregarán, no prazo estipulado, o traballo a través do Campus Virtual. Cualificación: 60% *Observación da avaliación: para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un/unha alumno/a non supera o traballo tutelado non se lle avaliará a proba de resposta múltiple e viceversa. Para superar o traballo tutelado é preciso entregalo na data indicada. O alumnado que non entregue ou non supere o traballo tutelado e o cuestionario de avaliación, xunto co alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados (primeira e segunda oportunidade), de xeito síncrono en liña, nos exames oficiais dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 50%), non podendo utilizar ningún material adicional (esta proba será supervisada por videoconferencia, a través de Teams) e debendo entregar de xeito obrigatorio nesa data o traballo tutelado (cualificación: 50%). A realización fraudulenta do cuestionario ou do traballo implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: o material preciso para preparar a materia (apuntes, gravacións das clases e/ou referencias web aos textos que son imprescindibles) colgarase no Campus Virtual ou darase acceso a el a través de enlaces de Internet.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes