Guia docenteCurso
Facultad de Humanidades y Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
 Asignaturas
  Codicoloxía
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Codicoloxía Código 710521027
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Santos Paz, Jose Carlos
Correo electrónico
j.c.santos@udc.es
Profesorado
Santos Paz, Jose Carlos
Correo electrónico
j.c.santos@udc.es
Web http://https://coruna.academia.edu/Jos%C3%A9CSantosPaz
Descrición xeral A materia pretende introducir o alumnado no estudo das formas que adopta o libro manuscrito antigo e medieval. Préstase especial atención á descrición morfolóxica dos soportes de escritura e aos procesos polos que estes pasan para recibiren a escritura. Outro aspecto salientable é a descrición e catalogación de libros antigos, na que se centra a parte práctica da materia. As prácticas de análise fanse sobre facsímiles e recursos electrónicos. Se for posible, intentarase organizar unha visita a un arquivo ou biblioteca para que o alumnado teña contacto directo con algún manuscrito medieval.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Lecturas (computa na avaliación) Traballo tutelado (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican Sesión maxistral: substituída polo uso da plataforma de teleformación (moodle) e sesións virtuais síncronas a través de Teams para a resolución de dúbidas e cuestións 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moddle: cada semana poranse a disposición do alumnado tres temas cos materiais correspondentes (presentacións, bibliografía, estudos de caso, materiais complementarios), a razón de un tema cada dous días. Tamén se empregará o foro de novas para comunicacións varias. Teams: prevense seis sesións síncronas, dúas durante as dúas semanas en que se imparte a materia e outras dúas posteriormente, para resolver dúbidas en relación coas tarefas encargadas. Titoría virtual: Atención permanente polo correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación Lecturas (40%): Avaliación dos traballos sobre a bibliografía indicada. Traballos tutelados (60%): Traballo práctico individual (descrición dun códice a partir dunha reproducción dixital). *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente (pero, de ser o caso, so se computará a asistencia ás sesións maxistrais presenciais ata o momento no que se suspendeu a actividade presencial). A modificación das metodoloxía de avaliación aplicarase a todo o alumnado. Son condicións para superar a materia: asistir e participar nas actividades programadas; entregar os traballos nas datas que se indiquen; obter un 50% na suma da calificación das actividades avaliables. A oportunidade de xullo estará sometida ás mesmas condicións que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. O alumnado terá á súa disposición os materiais dixitalizados en mooddle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes