Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
 Asignaturas
  Patrimonio e Documentación Audiovisual
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Patrimonio e Documentación Audiovisual Código 710521029
Titulación
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Fernandez Travieso, Carlota
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
Profesorado
Fernandez Travieso, Carlota
Correo electrónico
carlota.ftravieso@udc.es
Web http://http://pdi.udc.es/es/File/Pdi/4S46G
Descrición xeral A materia ten como obxectivo principal dotar ao alumnado de recursos e competencias teórico/prácticos para o desempeño das distintas tarefas relacionadas coa xestión da documentación audiovisual. Ensinaráselles a ponderar recursos e fontes especializadas na materia e a analizar e avaliar a calidade da información con especial orientación a maximizar a rendibilidade socio-económica dos fondos documentais. Así mesmo promoverase o coñecemento da importancia da escolla e conservación dos contidos audiovisuais como legado patrimonial de extraordinario valor socio-cultural.
Plan de continxencia 1- Modificacións nos contidos Mantéñense os contidos propostos, contemplando a eventual redución da súa extensión en virtude do desenvolvemento e evolución da materia e as conxunturas eventuais que se poidan producir. 2- Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Portafolios - Estudos de casos *Metodoloxías docentes que se modifican: - Sesión maxistral (presenciais): substituida por docencia non presencial asíncrona, reforzo das comunicacións a través do foro de novas de moodle, reatroalimentación das actividades en moodle e dispoñibilidade on line para consultas e seguimento do alumnado. - Proba mixta presencial: Substitúese por unha avaliación síncrona on line, utilizándose para tal fin Moodle e coordinación a través de vídeo conferencia a través de Microsoft Teams. Os alumnos que non podan realizar a proba a través dos medios previstos, deben comunicar á docente da materia tal circunstancia ofrecendo unha motivación con suficiente antelación. Para causas debidamente xustificadas, poderá, eventualmente, organizarse un sistema de avaliación alternativo. - Presentación oral: poderá solicitarse aos alumnos un power point con voz para substituir a exposición dos estudos de casos. 3- Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramentas: Correo electrónico, Microsoft Teams, Moodle (retroalimentación formativa das actividades) Temporalización: Aténdese ao alumnado diariamente, de luns a venres. A comunicación en primeira instancia establecerase a través do correo electrónico ou do chat de Teams. Será posible concertar citas para vídeo-conferencias a través de Teams. 4- Modificacións na avaliación: Mantense o peso na cualificación de todalas metodoloxías. Non ha variación nos criterios de valoración. *Observacións de avaliación: As mesmas que no caso de non ser necesaria a aplicación deste plan de continxencia. 5- Modificacións da bibliografía ou webgrafía: O material preciso para preparar a materia (apuntes, gravacións das clases e/ou referencias web aos textos que son imprescindibles) se colgará na plataforma moodle ou darase acceso a eles a través de enlaces de Internet. Polo demais, non hai cambios en relación coas fontes empregadas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes