Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
 Asignaturas
  Patrimonio e Documentación Audiovisual
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos O docente presentará nas clases presenciais algúns casos relacionados coa temática da asignatura. Os alumnos deberán profundizar na sua análise coas pautas dadas polo profesor
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adoita reservarse a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Prácticas a través de TIC Os alumnos deberán utilizar as ferramentas das TIC tanto para o seguimento da materia como para poder facer o estudo de casos e os traballos tutelados.
Lecturas O docente facilitará lecturas recomendadas
Análise de fontes documentais O docente facilitá documentación recomendada para a súa analise
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes