Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
 Asignaturas
  Patrimonio e Documentación Audiovisual
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia.
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos básicos da materia, elaborados e expostos pola docente, que pode apoiarse en medios audiovisuais. Abordaranse cuestións teóricas e prácticas necesarias para o desenvolvemento e resolución dos estudos de caso propostos.
Portafolios do alumno Reunión dixital (a través do campus virtual) dos traballos que o alumnado realizará para demostrar o seguimento das sesións maxistrais e actividades desenvolvidas, tales coma test de moodle ou google forms ou resumos e recensións críticas.
Presentación oral Ó longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os estudos de casos.
Estudo de casos Os estudantes enfrontaranse ao estudo e resolución de casos prácticos relacionados coa xestión, descrición, procura e recuperación de documentación audiovisual
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes