Teaching GuideTerm
Faculty of Humanities
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
 Subjects
  Audiovisual Heritage and Documentation
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Student portfolio A3 A7 B2 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estrutura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. 30
Case study A1 C3 C8 C9 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada.
Será imprescindible acordar o tema coa profesora dentro do prazo establecido a tal fin.
Poderá requirirse a súa exposición na clase.
60
Oral presentation B10 C8 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio e outras achegas de interese por parte dos estudantes reflexionando sobre os temas propostos pola profesora ou expondo dúbidas de forma construtiva. 10
 
Assessment comments

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 no portafolios e nos estudos de casos, de non ser así a nota global da materia non será superior aun 4,9. Cada un dos traballos do portafolios e cada un dos estudos de casos cualificaranse cunha nota sobre 10 e farán media aritmética entre elas. De ser entregados fóra de prazo ou copiados os traballos serán considerados coma non presentados e serán cualificados cun 0.

SEGUNDA OPORTUNIDADE: 

Poderán presentarse á segunda oportunidade unicamente os estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Realizarase unha proba mixta (exame) co valor do 40% e entregaránse os estudos de casos (60%). Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar á profesora cómo se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Será obrigatorio presentar os estudos de caso como mínimo 15 días antes da data fixada para a proba obxectiva pola facultade. Para presentarse ao exame é requisito imprescindible ter presentado previamente os estudos de casos. 

ALUMNOS CON ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: 

Terán que acordar unha titoría nos primeiros días de clase co fin de establecer un plan de traballo axeitado. 
Na primeira oportunidade, terán que decidir, de acordo coa profesora, se se acollen aos prazos de presentación de traballos que serán comunicados ao longo do curso a través de plataforma Moodle ou se realizan unha entrega final de todos os traballos conxuntamente. De non realizarse esa primeira titoría na que se acordará unha data de entrega alternativa, entenderase que o alumno opta por presentar os traballos na mesmas datas que o resto do alumnado. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o 10% de "presentación oral"), tendo neste caso o portafolios o valor do 40%. Na segunda oportunidade, non haberá diferencias no sistema de avaliación en relación co proposto para o resto do alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes