Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Socioloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura, por parte do alumno, de textos fundamentais ou relacionados coa materia, de entre os indicados polo profesor e, no seu caso, propostos polo propio alumno.
Proba obxectiva Os alumnos terán que superar un exame nas datas oficialmente establecidas. Dito exame constará de dúas partes, unha para a avaliación dos coñecementos adquiridos nas clases presenciais e outra que realizarán apoiados nos resumos das lecturas que levaran a cabo.
Recensión bilbiográfica Os alumnos deberán presentar, individualmente e por escrito, unha recensión ou análise de contido de dúas lecturas ou textos convidos co profesor. Poderán ser citados polo profesor para comentar ditos contidos.
Sesión maxistral É a explicación por parte do profesor dos contidos da materia na aula. Ocasionalmente apoiarase en soporte visual. As clases son para entender os conceptos e as teorías e plantexar posibles dudas sobre os mesmos. Durante o curso poderanse realizar seminarios, conferencias, coloquios e xornadas relacionadas con temas obxecto da materia, aos que os alumnos deberán asistir, existindo a posibilidade de que nos exames se poidan incluir algúns dos temas tratados en ditas actividades.
Traballos tutelados Os alumnos, de forma individual ou colectiva (non máis de tres) realizarán un traballo. Estes traballos estarán dirixidos ou tutelados polo profesor. Os traballos servirán para avaliar e, no seu caso, liberar esta parte da materia. A dirección ou tutela efectuarase de forma individual no despacho do profesor ou colectiva nos días de clases non presenciais. Para a elaboración destes traballos os alumnos apoiaranse na bibliografía especializada existente para cada un dos diferentes temas así como en proxectos levados a cabo por distintas institucións. A bibliografía será a que, para cada caso, recomende o profesor ou propoñan os alumnos.

Esta metodoloxía está orientada á aprendizaxe da materia e a que os seus contidos sexan aproveitados polos alumnos en relación coas competencias que teñen que adquirir os mesmos e que se especifican no epígrafe correspondente desta memoria e nol apartado de “Competencias” desta materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes