Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Xestión de Empresas e Institucións Culturais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B2 B3 B10 B11 Realizarase un exame final teórico-práctico sobre os contidos vistos nas sesións maxistrais e nas interactivas. Esta proba poderá combinar preguntas de resposta libre breves, preguntas tipo test, identificación e xustificación de afirmacións verdadeiras ou falsas, completar coas palabras axeitadas os espazos en branco dun texto ou oración...

Na súa corrección valoraranse tanto a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia, como a expresión, corrección ortográfica e presentación.
40
Portafolios do alumno A18 B16 B13 B11 B10 B5 B4 B3 B2 B1 C3 C6 C8 Valorarase adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, as achegas por pare dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. Non se avaliarán actividades presentadas fora de prazo, con faltas de ortografía ou que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. 20
Traballos tutelados A1 A4 A5 A14 A16 A17 A18 B22 B21 B17 B16 B13 B11 B10 B5 B4 B3 B1 C1 C7 Realizarase un traballo en grupo consistente na planificación dun evento ou proxecto cultural. As instruccións precisas serán proporcionadas pola docente ao comezo do curso. A formación dos grupos deberá ser comunicada á profesora con antelación á elaboración do traballo e o tema debe ser consensuado con ela. Con caracter xeral, valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema propuesto, o contido, a coherencia da súa estructura, a redacción e a presentación entre outros criterios que poderán engadirse no momento de presentar a actividade aos alumnos. Poderá solicitarse a súa exposición na aula. Non serán avaliados os traballos presentados fóra de prazo.
30
Presentación oral A18 B3 B10 B11 B13 B16 C3 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio e outras achegas de interese por parte dos estudantes reflexionando sobre os temas propostos pola profesora ou plantexando dúbidas de forma constructiva. 10
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE


Para aprobar a
materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará
atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de
avaliación.

Será
imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba obxectiva, de non ser así a nota global da materia non será superior a un 4,9.

Cada un dos
traballos do portafolios cualificaranse sobre 10 e farán media aritmética entre
eles. De ser entregados fóra de prazo ou copiados serán considerados como non
presentados e serán cualificados cun 0. Este será tamén o caso dos traballos
tutelados non consensuados coa profesora no prazo que se establezca. 

SEGUNDA
OPORTUNIDADE:
 
Poderán
presentarse á segunda oportunidade unicamente os estudantes que non superen a
materia na primeira oportunidade.

Respectaranse as
mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade.

Gardaranse as
notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de
avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só
a parte/partes que teñan suspensas. Será obrigatorio comunicar á profesora cómo
se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade.

Será obrigatorio
presentar o traballo tutelado e portafolios como mínimo 15 días antes da data
fixada para a proba obxectiva. Para presentarse ao exame é requisito imprescindible ter presentado previamente o traballo tutelado e portafolios. Para presentarse ao exame é requisito imprescindible ter presentado previamente o traballo tutelado e portafolios.

ALUMNOS CON ADICACIÓN
A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE
RECOÑECIDA:
Terán que acordar
unha titoría nas dúas primeiras semanas de clase co fin de establecer un plan
de traballo axeitado. Terán que decidir se se acollen aos prazos de
presentación de traballos que serán comunicados ao longo
do curso a través de plataforma Moodle ou se realizan unha entrega final de
todos os traballos conxuntamente como mínimo 15 días antes da proba obxectiva á
que desexan presentarse. Poderán ser
dispensados da participación nas aulas (o 10% de "presentación oral"), tendo neste caso a proba obxectiva o
valor do 50%.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes