Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Xestión de Empresas e Institucións Culturais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B2 B3 B10 B11 Na súa corrección valoraranse tanto a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia, como a expresión, corrección ortográfica e presentación. 30
Portafolios do alumno A18 B1 B2 B3 B4 B5 B10 B11 B13 B16 C3 C6 C8 Valorarase adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. Non se avaliarán actividades presentadas fora de prazo, con faltas de ortografía ou que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración. 30
Traballos tutelados A1 A4 A5 A14 A16 A17 A18 B1 B3 B4 B5 B10 B11 B13 B16 B17 B21 B22 C1 C7 Realizarase un traballo individual consistente na planificación dun evento ou proxecto cultural. As instruccións precisas serán proporcionadas pola docente ao comezo do curso. O tema debe ser consensuado previamente coa docente. Con caracter xeral, valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema proposto, o contido, a coherencia da súa estructura, a redacción e a presentación entre outros criterios que poderán engadirse no momento de presentar a actividade aos alumnos. Solicitarase a súa exposición. Non serán avaliados os traballos presentados fóra de prazo ou non consensuados coa docente.
30
Presentación oral A18 B3 B10 B11 B13 B16 C3 Expoñerase o traballo tutelado. Farase chegar un power point con voz á a profesora dentro do prazo que indicará. 10
 
Observacións avaliación

Ao tratarse dunha materia da que non se imparten aulas durante o curso 2021-2022, será obrigatorio para TODO O ALUMNADO acordar unha titoría NAS DÚAS PRIMEIRAS SEMANAS DO CUADRIMESTRE  co fin de establecer un plan de traballo idóneo. Establecerase entón un calendario para consensuar o tema do traballo tutelado e das prácticas do portafolios que o precisen e realizar as entregas. 

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación, a condición de que se obteña un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das metodoloxías. Se a nota nalgunha destas metodoloxías é inferior a 4 suspenderase a materia. 

De non concurrir  nalgunha das metodoloxías, a cualificación será de non presentado (N. P.).

Cando sexa necesario acordar un tema, non se avaliarán as entregas non consensuadas coa profesora, como mínimo, 15 días antes do final das aulas do periodo lectivo do cuatrimestre.     

Cando se teña feito unha das entregas do portafolios, as restantes prácticas desa metodoloxía non entregadas no prazo que se estableza cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE:  

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Para aprobar, respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. 

Será obrigatorio comunicar á docente como se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade. Non se avaliaran os traballos que non teñan sido consensuados, como mínimo, 15 días antes da data fixada para o exame pola Facultade de Humanidades. Será responsabilidade dos estudantes contactar coa profesora para tal fin. Para presentarse ao exame (proba mixta), é requisito imprescindible entregar previamente os traballos das restantes metodoloxías.

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: 

Avaliaranse polo mesmo sistema que o resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes