Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Literatura Galega
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O alumnado deberá realizar a lectura das obras literarias obrigatorias. Para un óptimo aproveitamento das sesións, deberá ter lído os textos correspondentes.
As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas.
Presentación oral O alumnado deberá realizar unha presentación oral da obra que lle será asignada.
Análise de fontes documentais O profesorado iniciará a análise e o comentario das obras literarias incluídas na programación e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados segundo as pautas estabelecidas.

Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes....
.
Sesión maxistral Aulas teóricas presenciais en que a profesora explicará conceptos e estratexias que posteriormente se desenvolverán nas sesións prácticas e cuxo coñecemento será esixido para a superación do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes