Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Historia Contemporánea
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Exame escrito baseado en preguntas sobre os contidos da asignatura
Discusión dirixida Debate na aula sobre cuestións tratadas en materiais distribuídos polo docente e lidos previamente polo alumno en horas non presenciais, ou ben a partir de exposicions orais feitas polos alumnos. O profesor orientará a discusión na que deberá participar a totalidade de integrantes da clase
Análise de fontes documentais Consulta por parte do alumno de fontes históricas de base documental coa finalidade de inicialo no uso das mesmas e no seu potencial informativo.
Lecturas Lectura a cargo do alumno de monografías ou outros materiais bibliográficos seleccionados polo profesor sobre contidos do temario. O alumno deberá presentar por escrito un resumo dos contidos da obra, demostrando capacidade de análise e de síntese
Saídas de campo Visita guiada a museos, arquivos, bibliotecas ou outros centros culturais con exposicións temporais ou fondos permanentes relativos as materias da asignatura. O alumnado deberá demostrar un aproveitamento da actividade participando en foros de discusións dirixida sobre os contidos da visita
Sesión maxistral Exposición por conta do profesor de cuestións basilares relacionadas co temario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes