Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Socioloxía da Cultura e do Patrimonio
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Os alumnos deberán superar un exame nas datas oficialmente establecidas. Dito exame constará de dúas partes, unha para a avaliación dos coñecementos adquiridos nas clases presenciales e outra que realizarán apoiados nos resumos das lecturas que realizaron.
Recensión bilbiográfica Os alumnos deberán presentar, antes da celebración do exame, individualmente e por escrito, unha recensión ou análise de contido de catro lecturas e textos convidos co profesor. Poderán ser citados polo profesor para comentar ditos contidos.
Sesión maxistral É a explicación por parte do profesor dos contidos da materia na aula. Ocasionalmente apoiarase en soporte visual. As clases son para entender os conceptos e as teorías e plantexar posibles dúbidas sobre os mesmos. Durante o curso poderanse realizar seminarios, conferencias, coloquios e xornadas relacionadas con temas obxecto da materias, aos que os alumnos deberán asistir, existindo a posibilidade de que nos exámes se poidan incluir algúns dos temas tratados en ditas actividades. Asi mesmo, e na medida do posible, poderán levarse a cabo viaxes de formación coa visita a proxectos socioculturais en marcha ou xa realizados.
Traballos tutelados Os alumnos, de forma individual ou colectiva (non máis de tres) realizarán un traballo que implique a redacción dun estudo aplicado baseado na cultura e o patrimonio. Estes traballos estarán dirixidos ou tutelados polo profesor. Os traballos servirán para avaliar e, no seu caso, liberar esta parte da materia. A dirección ou tutela efectuarase de forma individual nol despacho do profesor ou colectiva en días de clases interactivas. Para a elaboración destes traballos os alumnos apoiaranse na bibliografía especializada existente para cada un dos diferentes temas así como en proxectos levados a cabo por distintas institucións. A bibliografía será a que, para cada caso, recomende o profesor ou propoñan os alumnos. Os sistemas para levar a cabo este traballo son o acceso á bibliografía existente sobre a materia, a enquisa, a observación participante, a entrevista en profundidade a diferentes expertos e os grupos de discusión e debate que lles permitan especializarse e coñecer en profundidade a realidade das distintas institucións e organizacións da cultura, o patrimonio, o turismo e a xestión. Dito traballo entregarase antes da celebración do exame.
Lecturas Lectura, por parte do alumno, de textos fundamentais ou relacionados coa materia, de entre os indicados polo profesor e, no seu caso, propostos polo propio alumno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes