Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Filosofía da Ciencia e a Tecnoloxía
   Atención personalizada
Metodoloxías
Esquemas
Sesión maxistral
Descrición
As clases maxistrais son unha parte indispensable da formación académica.
A sesión maxistral servirá para presentar na aula aqueles contidos que axuden en maior medida a seguir o programa da materia. Os principios de claridade, sistematicidade e rigor serán a prioridade á hora de transmitir o coñecemento.

Os esquemas preséntanse en termos de abstracts de textos relevantes para o tema, que servirán para a análise crítica de textos en función da súa estrutura interna.
O uso de esquemas para tratar textos permite claridade, profundidade e sistematicidade na elaboración de abstracts.

Traballos titorizados
Dentro da actividade universitaria está a ensinar a facer traballos. É precisamente nesta tarefa onde se pode esperar unha atención personalizada máis directa.
Os traballos titorizados centraranse na capacidade de análise e síntese. Considerarase especialmente a precisión no aparello crítico na redacción das obras e a bibliografía empregada. Estes traballos supervisados puntuaranse na avaliación final, unha vez alcanzado o nivel de aprobación na proba obxectiva

A atención personalizada é un factor decisivo na formación do alumno. O sistema de titoría británico é un bo exemplo de práctica educativa ben pensada. Tanto o contido das sesións maxistrais como os esquemas (abstracts) e traballos titorizados son elementos para unha atención personalizada. Entre eles, cabe destacar os traballos supervisados para esa atención personalizada.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes