Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Historia de España Contemporánea
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura por conta do aluno de monografías ou outro material bibliográfico selecionado e recomendado polo profesor. Estas lecturas estarán relacionadas preferentemente coas propostas do temario de "Historia de España Contemporánea".
Sesión maxistral Exposicións explicativas realizadas polo profesor sobre cuestións fulcrais relacionadas co temario de "Historia de España Contemporánea".
Discusión dirixida Debate na aula com base nos contidos de materiais previamente selecionados e distribuídos polo profesor e preparados polos alumnos em horas non presenciais; ou bien sobre as exposiciós orais de carácter monográfico e individualizado que realizarem os alunos na aula. O profesor orientará a discusión en que deberán participar todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas.
Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo e dialogando con ele conforme un cronograma previamente combinado.
Traballos tutelados Consisten en traballos individuais feitos polos alunos sobre temas do programa de "Historia de España Contemporánea" ou otros temas por eles escollidos. Para a súa realización cada aluno deberá consultar bibliografía especializada e/ou fontes documentais e seguir as pautas dadas polo profesor. O alumno deberá ir presentando periódicamente ao profesor, mediante cronograma previamente establecido, os avances realizados na confección do traballo, a fin de que o dito profesor faga o seguimento do mesmo.
Proba obxectiva Consiste nun exame escrito acerca dos contidos de "Historia de España Contemporáea", estudados durante o curso.
Análise de fontes documentais Consulta, por parte do aluno, de fontes históricas documentais proprias de "Historia de España Contemporánea", para se iniciar no seu coñecemento e na metodoloxía aplicada a elas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes