Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Historia de España Contemporánea
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba obxectiva
Descrición


Na realización dos "traballos tutelados" dentro da materia "Historia de España Contemporánea", o profesor instruirá o aluno nas metodoloxías aplicábeis, proporcionará referencias bibliográficas de carácter xeral, e fará un acompañamento periódico do traballo. Ao aluno corresponderá completar a relación bibliográfica nunha primeira fase de prospectiva e achegamento á información, ben como elaborar ol traballo consoante un esquema que haberá de ser presentado previamente ao profesor.

A respeito da "proba obxectiva" o profesor deberá informar sobre a modalidade de exame a realizar na materia de "Historia de España Contemporánea" e sobre os criterios de valoración. Tamén corresponderá ao profesor esclarecer calquera dúbida sobre a formulación das preguntas, os temas e, en xeral, a materia obxecto de exame.







Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes