Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Historia de España Contemporánea
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A2 A3 A6 A7 A8 B1 B3 B5 B8 B10 B22 C1 A avaliación desta actividade será feita exclusivamente sobre a base das intervenciós dos alunos no debate.
Valorizarase a capacidade do aluno para argumentar de maneira organizada e fundamentada, e para contrastar a opinión propria coa dos compañeiros/as.
20
Traballos tutelados A2 A6 A7 A8 A11 B1 B2 B3 B4 C1 C6 C8 C9 Será obxeto de estimación a abordaxe e estruturación do tema, a organización da información e mais a bibliografía consultada. 40
Proba obxectiva A2 A6 A7 A8 B10 B11 C1 Valorizaranse de xeito preferente as respostas dos alunos, a articulación da exposición e mais a adecuación ás cuestións formuladas. 40
 
Observacións avaliación

1. Serán requisitos imprescindíbeis para aprobar a materia superar a "proba obxetiva" e ter entregado en tempo e forma as actividades encargadas durante o curso. Caso da suma das cualificacións ultrapasar os cinco pontos sem se terem alcanzado un mínimo do dous na proba obxetiva, farase constar como cualificación final 4,9 implicando a reprobación da materia.

 2.Serán avaliados os alunos/as que asistiren á proba objetiva e entregaren o traballo tutelado. Onde non, serán considerados como non presentados.
 3.As faltas de ortografía (grallas), cando graves e reiteradas, pueden ser motivo de reprobación automática. En calquera caso suporán unha diminución da cualificación final.
 4.Os alunos/as en situación de matrícula a tempo parcial ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes suxeitos á matrícula ordinaria, conforme as variantes para eles estabelecidas no apartado das metodoloxías.
 5. Na "segunda oportunidade" de xullo, e sucessivas, serán avaliadas unicamente aquelas metodoloxías que nom tiverem sido superadas na primeira oportunidade, conservándose para as restantes metodoloxías as cualificacións obtidas en xuño.
 6.Na "segunda oportunidade" de xullo, e sucessivas,a avaliación da actividade "Discusión dirixida" será realizada sobre a base da presentación, por parte do aluno/a, de resumos ou comentarios dos materiais objeto de debate na dita actividade ao longo do curso.
 7. Todos os alunos/as matriculados na materia (incluídos os que a tiveren pendente de cursos anteriorers) deberán entregar unha ficha con foto actualizada a fin de facilitar o seguimento e consigna das súas actividades por parte do profesor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes