Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Historia de España Contemporánea
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A2 A4 A6 A7 A11 A20 A23 A24 B1 B3 B4 B5 C3 C6 Análise polo alumno de diversos documentos (textuais de arquivo, audiovisuais, hemerográficos...) a partir de pautas sinaladas polo docente 10
Discusión dirixida A2 A3 A6 A8 B1 A avaliación desta actividade será feita exclusivamente sobre a base das intervencións dos alumnos no debate.
Valorizarase a solidez argumentativa de maneira organizada e fundamentada, e a capacidade de contrastar a opinión propria coa dos compañeiros/as.
10
Traballos tutelados C3 C7 Será obxeto de estimación e estruturación do tema, a organización da información e máis a bibliografía consultada. 40
Proba obxectiva A2 A6 A8 Valorizaranse de xeito preferente as respostas dos alunos, a articulación da exposición e mais a adecuación ás cuestións formuladas. 40
 
Observacións avaliación

1. Serán requisitos imprescindíbeis para aprobar a materia superar a "proba obxetiva" e ter entregado en tempo e forma as actividades encargadas durante o curso. Caso da suma das cualificacións ultrapasar os cinco pontos sem se terem alcanzado un mínimo do dous na proba obxetiva, farase constar como cualificación final 4,9 implicando a reprobación da materia.

 2.Serán avaliados os alunos/as que asistiren á proba objetiva e entregaren o traballo tutelado. Onde non, serán considerados como non presentados.
 3.As faltas de ortografía (grallas), cando graves e reiteradas, pueden ser motivo de reprobación automática. En calquera caso suporán unha diminución da cualificación final.
 4.Os alunos/as en situación de matrícula a tempo parcial ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes suxeitos á matrícula ordinaria, conforme as variantes para eles estabelecidas no apartado das metodoloxías.
 5. Na "segunda oportunidade" de xullo, e sucesivas, serán avaliadas unicamente aquelas metodoloxías que nom tiverem sido superadas na primeira oportunidade, conservándose para as restantes metodoloxías as cualificacións obtidas na 1ª avaliación

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes