Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Literatura Latina Antiga e Medieval
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A7 A9 A11 A12 B2 B8 B10 B11 B20 C1 Responder correctamente a cuestións sobre o programa da materia nun exame escrito que se realizará na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade 50
Portafolios do alumno A12 B1 B4 B8 B10 B11 B20 C1 Entrega do portafolios e boa calidade do mesmo 10
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A7 A9 A11 A12 B1 B2 B4 B7 B8 B10 B11 B20 C1 C3 C6 C7 C8 Asistencia ás sesións interactivas, participación nas mesmas e realización das tarefas que se encomenden 40
 
Observacións avaliación

stablécense dúas modalidades de avaliación: 1) avaliación continua (50%) + avaliación final (50%), 2) avaliación final (100%).

A
avaliación final consistirá nun exame escrito que se realizará nas
datas das convocatorias oficiais aprobadas na Xunta de Facultade. Na
modalidade 1) quedarán excluídos do exame final os temas sobre os cales
se realizasen actividades de avaliación continua. Na modalidade 2) os
alumnos e alumnas examinaranse da totalidade do programa.

As
actividades de avaliación continua desenvolveranse nas clases
interactivas e consistirán no comentario de textos seleccionados polo
profesor ou traballos monográficos sobre unha cuestión puntual. O
profesor indicará os aspectos que se deben comentar en cada caso e a
bibliografía necesaria para os alumnos desenvolveren a actividade. As
actividades serán individuais ou en grupo pero, en calquera caso, darán
lugar a un debate nas aulas. Xa que logo, non so se valorará a
elaboración dos traballos, senón a asistencia e a participación nas
aulas. Ademais, cada alumno/a deberá entregar un resumo do traballo que
fixo en cada actividade.

Outra actividade de avaliación continua
será un pequeno portafolios onde cada alumno e alumna exporá unha
pequena memoria da súa experiencia na materia, recollendo informacións
obxectivas sobre o desenvolvemento do programa e tamén valoracións de
carácter subxectivo.


Os aspectos formais (corrección lingüística na redacción dos traballos,
claridade na exposición, bibliografía correctamente citada, etc.)
teranse en conta na avaliación dos comentarios, traballos e portafolios.

En
caso de non superarse a materia en xaneiro, as cualificacións das
actividades de avaliación continua manteranse na convocatoria de xullo.

A
data de entrega dos traballos e do portafolios indicarase nas aulas. En
calquera caso, deberá ser unha data que permita cumprir os prazos de
avaliación previstos na normativa de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes