Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Xestión da Información: Fundamentos e Teoría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A19 A20 A25 B10 B11 B28 C1 C3 C5 C6 C7 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e entrega no prazo establecido.
40
Proba obxectiva A19 A23 A24 B28 B32 C1 Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas expostas, os coñecementos, a ausencia de erros, a achega persoal, así como a claridade, síntese e orde na exposición, e a presentación.
40
Lecturas A19 A23 A24 B1 B16 B28 B32 C6 C7 Avaliarase a entrega na data establecida, síntese e reflexión persoal do asunto tratado.
10
Prácticas a través de TIC A20 A25 B1 B2 B10 B11 B16 C3 Avaliaranse as prácticas de acordo coa asistencia e a execución das prácticas sinaladas.
10
 
Observacións avaliación

<p> A realización dos traballos tutelados é requisito imprescindible para presentarse á proba obxectiva. Para aprobar a materia deberán superarse tanto a proba obxectiva como os traballos tutelados. As notas dos traballos tutelados, individuais e en grupo, en caso de ser positivas, conservarase para as dúas probas sucesivas do ano académico; en caso de nota negativa, e tamén para as dúas probas sucesivas, poderase/n reelaborar o/o traballo/s presentado/s inicialmente ou presentar un novo traballo, sempre de acordo coa profesora.
As entregas das prácticas e lecturas terán que presentarse na data establecida. Nestes casos, non hai opción á súa repetición nin entrega posterior.
</p>


















"Aqueles/as alumnos /as
que teñan algún tipo de excepcionalidade para vir a clase legalmente concedida,
que falen co/a pofesor/a á comezos de curso para establecer as titorías e os
sistemas de avaliación correspondentes."



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes