Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Humanidades
 Asignaturas
  Mitoloxía Clásica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Mitoloxía Clásica Código 710G01079
Titulación
Grao en Humanidades
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://https://coruna.academia.edu/Jos%C3%A9CSantosPaz
Descrición xeral Os obxectivos docentes da materia Mitoloxía Clásica son dar a coñecer os principais mitos gregos e latinos e as distintas correntes teóricas que trataron de comprendelos e estudalos. Entendida como repertorio e estudo sistemático dos mitos antigos, a mitoloxía representa un aspecto fundamental nos estudos da cultura clásica desde diversos puntos de vista (histórico, antropolóxico, literario, etc.). A súa pervivencia e continua reinterpretación dos mitos ao longo do tempo, ata os nosos días, fan da mitoloxía clásica un referente fundamental da cultura occidental, que se manifesta en eidos tan diversos como a arte, a literatura, o cinema ou a música, entre outros. A todos estes aspectos presta atención a materia Mitoloxía Clásica, cuxo programa se estrutura en dúas partes: unha, máis teórica, que pretende comprender qué é o mito e como foi interpretado e outra centrada na análise dalgúns mitos gregos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes