Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Créditos de libre elección
  Xestión de Empresas e Institucións Culturais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A18 B1 B2 B3 B4 B5 B10 B11 B13 B16 C6 Realizaranse seminarios sobre cuestións teóricas do temario e estudos de casos co obxectivo de profundizar e consolidar os contidos.
A profesora orientará a lectura de varios documentos sobre un tema, que serán obxecto de discusión nas sesións interactivas.
A avaliación implica a entrega dun documento escrito e a participación no seminario.
As instruccións detalladas de cada actividade serán proporcionadas pola docente ao longo do curso.
20
Proba obxectiva B1 B2 B3 B10 B11 Realizarase un exame final teórico-práctico sobre os contidos vistos nas sesións maxistrais e nas interactivas. Combinará preguntas de resposta libre e preguntas tipo test.
Na súa corrección valoraranse tanto a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia, como a expresión, corrección ortográfica e presentación.
40
Sesión maxistral A1 A4 A5 A14 A16 A17 B1 C4 Valorarase a asistencia e participación nas aulas.

10
Traballos tutelados A1 A4 A5 A14 A16 A17 A18 B1 B3 B4 B5 B10 B11 B13 B16 B17 B21 B22 C1 C7 Realizarase un traballo en grupo consistente na planificación dun evento ou proxecto cultural, que será presentado oralmente. As instruccións precisas serán proporcionadas pola docente ao comezo do curso.
Valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema propuesto, o contido, a coherencia da súa estructura, a redacción e a presentación.
Non serán avaliados os traballos presentados fóra de prazo.
30
 
Observacións avaliación

- Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma.

- Aqueles/as alumnos/as que teñan algún tipo de excepcionalidade para asistir a clase legalmente concedida, que falen coa profesora a comezos do curso para establecer as titorías e os sistemas de avaliación correspondentes.

- Os/as alumnos/as con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia a clase terán que elaborar o traballo tutelado (cualificación: 50%) e realizarán unha proba final escrita dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 50%).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes