Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Bibliografía e Fontes de Información
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 A4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C5 C8 C9 C10 C11 C13 C18 Valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema proposto, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos respecto as fontes e bibliografía utilizada, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación.
Entregarase na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
Valorarase así mesmo a intervención de cada alumno na exposición oral do traballo tutelado, o contido presentado, a capacidade para expresarse, os materiais de apoio utilizados para a presentación e a interacción coa profesora.
50
Proba de resposta múltiple A1 A3 A6 C3 C10 C13 Avaliaranse as respostas das preguntas tipo test dos contidos da materia. No caso das respostas breves avaliarase a adecuación das mesmas ás preguntas realizadas e a súa redacción, e non se corrixirán aquelas que conteñan faltas de ortografía ou non contesten o tema exposto.
30
Portafolios do alumno A1 A5 A6 B7 B6 C1 C2 C5 C9 C10 C11 C12 C18 Valorarase a adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación.
Entregarase cada actividade na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
20
 
Observacións avaliación

Requisitos imprescindibles:

-Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un alumno non supera o traballo tutelado non se lle avaliarán o resto de actividades e viceversa. 

-Os alumnos que non entreguen o portafolios durante o curso e os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia realizarán unha proba final escrita dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 50%) pero é indispensable elaborar o traballo tutelado para superar a materia (cualificación: 50%).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes