Teaching GuideTerm
Faculty of Humanities
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Subjects
  Bibliografía e fontes de información
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A2 A3 A4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C5 C8 C9 C10 C11 C13 C18 Valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema proposto, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos respecto as fontes e bibliografía utilizada, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación.
Entregarase na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
Valorarase así mesmo a intervención de cada alumno na exposición oral do traballo tutelado, o contido presentado, a capacidade para expresarse, os materiais de apoio utilizados para a presentación e a interacción coa profesora.
50
Multiple-choice questions A1 A3 A6 C3 C10 C13 Avaliaranse as respostas das preguntas tipo test dos contidos da materia. No caso das respostas breves avaliarase a adecuación das mesmas ás preguntas realizadas e a súa redacción, e non se corrixirán aquelas que conteñan faltas de ortografía ou non contesten o tema exposto.
30
Student portfolio A1 A5 A6 B7 B6 C1 C2 C5 C9 C10 C11 C12 C18 Valorarase a adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación.
Entregarase cada actividade na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
20
 
Assessment comments

Requisitos imprescindibles:

-Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un alumno non supera o traballo tutelado non se lle avaliarán o resto de actividades e viceversa. 

-Os alumnos que non entreguen o portafolios durante o curso e os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia realizarán unha proba final escrita dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 50%) pero é indispensable elaborar o traballo tutelado para superar a materia (cualificación: 50%).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes