Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Planificación e Xestión de Unidades de Información
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A7 A8 B1 B3 B4 B5 B7 C17 C16 C15 C14 C12 C11 C10 C8 C6 C5 C4 C3 C18 Valórase a adecuación do traballo dos alumnos aos temas propostos para cada actividade, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación. En cada unha das actividades valórase, polo tanto, a capacidade de análise e resolución de problemas, as habilidades informativas e a expresión oral e escrita. Ademáis do esforzo e dedicación demostrados polo alumno.

Entregarase cada actividade na data indicada pola profesora.

Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
50
Proba mixta A1 B1 B5 B7 C3 C4 C10 Cuestionarios de avaliación de cada tema da materia:
Avalíanse o número de erros e acertos de cada cuestionario. No caso das preguntas de resposta breve ademáis os contidos das mesmas: a adecuación ás preguntas realizadas, a capacidade de argumentación, o emprego da terminoloxía, a expresión escrita, a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.

Os alumnos poden e deben empregar e revisar toda a documentación relacionada cos temas/subtemas da materia para dar resposta a cada cuestionario.

Entregarase cada cuestionario na data indicada pola profesora, non sendo avaliados os entregados fóra de prazo.
50
 
Observacións avaliación
Requisitos imprescindibles:

-Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un alumno non supera o portafolios non se lle avaliará a proba mixta e viceversa.

-Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas. 

-Os alumnos que non entreguen ou non superen o portafolios completo, e todos os cuestionarios, xunto cos alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados nos exames oficiais dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 100%).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes