Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Xestión de Documentos Administrativos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos esenciais correspondentes aos temas do programa, que poderá ser apoiada por medios audiovisuais. Proposta de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas.
Proba mixta Método de avaliación dos coñecementos e habilidades adquiridos polo alumnado, puidendo combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta curta (pechada ou non) e outras algo máis extensas para que o alumno reflexione sobre os contidos tratados na materia.
Portafolios do alumno Portafolios do alumno cartofol que reúne virtualmente (a través da plataforma moodle) os traballos dos alumnos, tales coma resumos, comentarios, análises ou respostas a preguntas sobre lecturas, vídeos, conferencias, etc. que permitirán profundar sobre os contidos traballados e actividades de carácter práctico que permiten ao alumnado aprender de forma efectiva a teoría dun ámbito de coñecemento.
Presentación oral Ao longo das aulas procurarase a interación entre o alumnado e profesorado de xeito ordeado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. Os alumnos terán que falar de/expoñer os traballos que se incluirán no portafolios.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado dun traballo autónomo orientado á aplicación teórica/práctica dos contidos da materia, baixo a supervision e seguemento dos docentes. Proporcionaranse instrucións precisas para a súa realización. Será obrigatorio consensuar o tema deste traballo cos docentes dentro do plazo que se estableza a tal fin. Os alumnos exporán o seu traballo na aula.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes