Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Xestión de Documentos Administrativos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A2 A5 A7 B2 B4 B6 B8 B9 C1 C2 C9 C10 C11 C15 C18 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos.

A nota mínima necesaria para que o portafolios faga media co resto de metodoloxías e un 4 sobre 10. Con unha nota inferior nesta metolodoloxía suspenderase a materia.

Non se avaliarán actividades presentadas fora de prazo ou que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
30
Traballos tutelados A4 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C6 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada.

A nota mínima necesaria para que o traballo faga media co resto de metodoloxías e un 4 sobre 10. Cunha nota inferior nesta metolodología suspenderase a materia.

Non se avaliarán traballos presentados fóra de prazo ou que incumpran as indicación prescritas para a súa elaboración.
20
Proba mixta A3 B1 B3 B4 B5 B8 C1 Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas plantexadas, o nivel de coñecementos demostrado, a ausencia de erros, as achegas persoais, así como a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia. Terase en conta a expresión, corrección ortográfica e presentación, que poderán restar puntos.

A nota mínima necesaria para que ou exame faga media co resto de metodoloxías e un 4 sobre 10. Con unha nota inferior nesta metolodoloxía suspenderase a materia.
40
Presentación oral B3 B4 C1 Terase en conta a participación nas aulas expoñendo o traballo propio e outras achegas de interese por parte dos estudantes reflexionando sobre os temas propostos pola profesora ou plantexando dúbidas de forma constructiva. 10
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre
10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no
apartado de avaliación, sempre e cando se obteña un mínimo de 4 sobre 10 en
cada unha das probas mencionadas: exame, traballo tutelado e portafolios.  

Cada un dos traballos do portafolios cualificaranse sobre 10 e
farán media aritmética entre eles. De ser entregados fora de prazo ou copiados
serán considerados como non presentados e serán cualificados cun 0. Este será
tamén o caso dos traballos tutelados non consensuados coa profesora no prazo
que se estableza. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade unicamente os
estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Respectaranse as
mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas
relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación
que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a
parte/partes que teñan suspensas. Para anos posteriores, deberán presentarse
novos traballos, o seu contido acordarase cos docentes. Será obrigatorio
comunicar ós docentes como se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade.
Será obrigatorio presentar o traballo tutelado e portafolios como mínimo 15
días antes da data fixada para a proba obxectiva pola Facultade de
Humanidades. 


ALUMNOS CON ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE
ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA

Terán que
acordar unha titoría na primeira semana de clase co fin de establecer
un plan de traballo axeitado. Terán que decidir se se acollen aos prazos de
presentación de traballos da avaliación continua que serán comunicados ao longo
do curso a través de plataforma Moodle ou se realizan unha entrega final de
todos os traballos conxuntamente como mínimo 15 días antes da proba obxectiva á
que desexan presentarse. Poderán ser dispensados da participación nas aulas (o
10% de"presentación oral"), tendo neste caso o portafolios o valor do
40%. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes