Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Fontes de Información Especializadas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A3 A4 A6 B3 C2 C3 C5 C6 C7 C8 Realizarase un exame final teórico-práctico sobre os contidos vistos nas sesións maxistrais e nas interactivas. Combinará preguntas de resposta libre e preguntas tipo test.
Na súa corrección valoraranse tanto a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia, como a expresión, corrección ortográfica e presentación.
50
Traballos tutelados A3 A4 A5 A7 A8 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C14 C15 C18 Realizarase un traballo individual relacionado cos contidos teóricos da materia. As instruccións precisas serán proporcionadas pola docente ao comezo do curso.
Valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema propuesto, o contido, a coherencia da súa estructura, a redacción e a presentación.
Non serán avaliados os traballos presentados fóra de prazo.
30
Portafolios do alumno A1 A3 A4 A8 B2 B6 B7 B9 C1 C2 C9 Cada alumno/a elaborará un portafolios que reunirá as actividades plantexadas pola docente e desenvolvidas nas sesións interactivas (lecturas, comentarios críticos, esquemas, resumos, etc.) e que será entregado periodicamente nas datas indicadas previamente pola profesora.
Na súa avaliación teranse en conta tanto a pertinencia do seu contido, valorándose especialmente as achegas críticas do alumnado, como a corrección da súa forma.
Neste apartado considerarase tamén a asistencia e participación ao conxunto das clases do curso.
20
 
Observacións avaliación

- Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma.

- Aqueles/as alumnos/as que teñan algún tipo de excepcionalidade para asistir a clase legalmente concedida, que falen coa profesora a comezos do curso para establecer as titorías e os sistemas de avaliación correspondentes.

- Os/as alumnos/as con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia a clase terán que elaborar o traballo tutelado (cualificación: 50%) e realizarán unha proba final escrita dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 50%).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes