Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Linguaxes de Indización Terminolóxicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A8 B4 Farase unha lectura por cada tema con resumo, análise, comentario e opinión.

15
Traballos tutelados B2 B4 B5 B6 C8 C10 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación e as fontes e bibliografía incorporada entre outros criterios que poderán engadirse no momento de presentar a actividade aos alumnos.

15
Proba oral B3 B4 B8 C2 Valorarase a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante. Daránse instrucións precisas sobre cómo realizar esta proba. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos. 25
Obradoiro B5 C2 C5 C9 C11 C12 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos.
35
Presentación oral B4 C2 Farase unha exposición relacionada coa lectura do tema 4, que será escollida polos alumnos e consensuada coa profesora. Farase chegar un power point con voz. 10
 
Observacións avaliación

Ao tratarse dunha materia da que non se imparten aulas durante o curso 2021-2022, será obrigatorio para TODO O ALUMNADO acordar unha titoría NAS DÚAS PRIMEIRAS SEMANAS DO CUADRIMESTRE co fin de establecer un plan de traballo idóneo. Establecerase entón un calendario para consensuar o tema do traballo tutelado e das prácticas de outras metodoloxías que o precisen e realizar as entregas.

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación, a condición de que se obteña un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das metodoloxías. Se a nota nalgunha destas metodoloxías é inferior a 4 suspenderase a materia.

Cando sexa necesario acordar un tema, non se avaliarán as entregas non consensuadas coa profesora no prazo establecido para tal fin. Non se avaliaran os traballos que non foran consensuados, como mínimo, un mes antes do final das aulas do periodo lectivo do cuatrimestre. Será obrigatorio presentar o traballo tutelado, a presentación oral en power point, obradoiro e lecturas como mínimo 15 días antes do final das aulas do periodo lectivo do cuatrimestre.

Cando se teña feito unha das entregas das metoloxías lecturas e obradoiro, as restantes prácticas non entregadas nos prazos que se establezan cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados.

SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Para aprobar, respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas.

Será obrigatorio comunicar á docente como se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade. Non se avaliaran os traballos que non teñan sido consensuados, como mínimo, un mes antes da data fixada para o exame pola Facultade de Humanidades. Será obrigatorio presentar o traballo tutelado e o portafolios como mínimo quince días antes da data fixada para o exame pola Facultade de Humanidades. Para presentarse ao exame é requisito imprescindible ter presentado previamente os traballos das restantes metodoloxías.

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA:

Avaliaranse polo mesmo sistema que o resto do alumnado

.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes