Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Xestión da Colección
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A2 A3 A4 A7 A8 B2 B3 B4 B7 B8 C3 C4 C6 C10 C12 C13 C14 C15 C16 C17 C18 C19 Valorarase a adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación. En cada unha das actividades valorarase, polo tanto, a capacidade de análise e resolución de problemas, as habilidades informativas e a expresión oral e escrita.
Entregarase cada actividade na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
25
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A6 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C5 C6 C10 C12 C14 C15 C18 Valorarase a adecuación do traballo presentado ao tema proposto, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos respecto ás fontes e á bibliografía utilizada, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación. Valoración, polo tanto, de contidos, achegas innovadoras, sentido crítico e argumentación.
Entregarase na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán os traballos presentados fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aqueles que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
25
Proba mixta A1 A2 A3 A6 B2 B3 B6 B7 C10 C15 Avaliaranse os contidos das respostas, a adecuación das mesmas ás preguntas realizadas, a capacidade de argumentación, o emprego da terminoloxía, a expresión escrita, a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.
Non se corrixirán aquelas respostas que conteñan faltas de ortografía ou non contesten ó tema exposto.
50
 
Observacións avaliación
Requisitos imprescindibles:

-Para superar a materia é necesario aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, é dicir, se un alumno non supera o traballo tutelado non se lle avaliarán o resto de actividades e viceversa.

-Para superar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo é preciso realizar nos tempos indicados todas as actividades propostas. 

-Os alumnos que non entreguen ou non superen o traballo tutelado e o portafolios completo, e os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados nos exames oficiais dos contidos teóricos e prácticos da materia (cualificación: 100%).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes