Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Bibliotecas Dixitais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A7 A8 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C2 C9 C12 C16 C18 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e a entrega do traballo no prazo establecido.

Realizarase unha presentación oral do traballo que tamén se terá en conta na avaliación.
50
Estudo de casos A2 A3 A4 A5 A8 B2 B4 C1 C2 Valoración da resolución, claridade expositiva e presentación dos casos. 30
Lecturas A1 B2 Avaliarase síntese e reflexión persoal do asunto tratado. 10
Sesión maxistral A1 A6 A7 B2 C3 C4 C5 C7 Participación e achegas de interese por parte dos estudantes, así como a resolución e entrega des exercicios curtos que se propoñan na presentación dos diferentes temas. 10
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:

  • Obter unha nota mínima gobal de 5 (sobre 10).
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 5) nos traballos tutelados.
  • A presentación de todos os estudos de casos e as lecturas.
De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou de non presentar os estudos de casos e as lecturas, a notá máxima global da materia non será superior a un 4,9.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita teórica.


SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados (50% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Proba escrita teórica e práctica (50% da nota final): para recuperar a nota dos estudos de casos, as lecturas e as sesións maxistrais.
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Os/as estudantes con nota inferior a 2 nos traballos tutelados na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia.
  • Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 2 sobre 5 no traballo tutelado, e de 5 sobre 10 na nota global.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.


DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade, demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e práctico que valerá o 50% da nota e entregar os dous traballos tutelados. Para a segunda oportunidade, as condicións son as mesmas que as do resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes