Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Bibliotecas Dixitais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A7 A8 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C2 C9 C12 C16 C18 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e a entrega do traballo no prazo establecido.
Realizarase unha presentación oral do traballo que tamén se terá en conta na avaliación.
50
Estudo de casos A2 A3 A4 A5 A8 B2 B4 C1 C2 Valoración da resolución, claridade expositiva e presentación dos casos. 20
Portafolios do alumno B7 B6 C2 C5 C9 C12 C18 Valorarase a adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, con especial interese nas achegas dos alumnos, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación.
Entregarase cada actividade na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
20
Sesión maxistral A1 A6 A7 B2 C3 C4 C5 C7 Participación e achegas de interese por parte dos estudantes, así como a resolución e entrega de exercicios curtos que se propoñan na presentación dos diferentes temas. 10
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:

  • Obter unha nota mínima global de 5 (sobre 10).
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 5) nos traballos tutelados.
  • A presentación de todos os estudos de casos e o portafolios do alumno.
De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou de non presentar os estudos de casos e o portafolios do alumno, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,9.


SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados (50% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Estudos de casos, portafolios do alumno e sesións maxistrais (50% da nota final): realización dunha proba escrita teórica e práctica.
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Os/as estudantes con nota inferior a 2 nos traballos tutelados na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia.
  • Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 2 sobre 5 nos traballos tutelados, e de 5 sobre 10 na nota global.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade, demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e práctico que valerá o 50% da nota e entregar os traballos tutelados. Para a segunda oportunidade, as condicións son as mesmas que as do resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes