Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Deseño de Recursos Informativos en Web
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 A4 A5 B6 B7 B8 B9 C2 C10 C11 C12 C13 C14 C15 C16 C18 Avaliarase a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e a entrega do traballo no prazo establecido.

Realizarase unha presentación oral do traballo que tamén se terá en conta na avaliación.
60
Proba mixta A1 A3 A4 A5 B6 B7 B8 C4 C5 C6 C9 C10 C11 C13 C14 C15 Proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos 30
Sesión maxistral A1 A3 B6 B7 B8 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 Avaliarase a participación e achegas de interese por parte dos estudantes, así como a resolución e entrega des exercicios curtos que se propoñan na presentación dos diferentes temas 10
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 3 (sobre 6) nos traballos tutelados.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 1,5 (sobre 3) na proba mixta.

De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,9.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados (60% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Proba escrita teórica e práctica (40% da nota final): para recuperar a nota da proba mixta e das sesións maxistrais.

Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.

Os/as estudantes que non acaden a nota mínima nos traballos tutelados ou na proba mixta na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia.

Para aprobar a materia na segunda oportunidade é obligatorio obter unha nota mínima de 3 sobre 6 no traballo tutelado, e de 2 sobre 4 na proba mixta.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade, demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e práctico que valerá o 40% da nota e entregar os traballos tutelados. Para a segunda oportunidade, as condicións son as mesmas que as do resto do alumnado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes