Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Deseño de Recursos Informativos en Web
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 A4 A5 B6 B7 B8 B9 C2 C10 C11 C12 C13 C14 C15 C16 C18 Avaliarase a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e a entrega do traballo no prazo establecido.

Realizarase unha presentación oral do traballo que tamén se terá en conta na avaliación.
80
Prácticas a través de TIC A1 A3 A4 A5 B6 B7 B8 C4 C5 C6 C9 C10 C11 C13 C14 C15 Avaliarase a solución aplicada polos estudantes ao problema proposto e a interacción entre os membros do grupo 20
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio:


  • Unha NOTA MÍNIMA de 4 (sobre 8) nos traballos tutelados.

De non obter a nota mínima nos traballos tutelados, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non presente os traballos tutelados.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:


  • Traballos tutelados (100% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade, permite recuperar nota das prácticas a través de TIC.

Os/as estudantes que non acaden a nota mínima nos traballos tutelados na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia.

Para aprobar a materia na segunda oportunidade é obligatorio obter unha nota mínima de 5 sobre 10 no traballo tutelado.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación do traballo tutelado.

DISPENSA ACADÉMICA

Dado que a asistencia ás sesións presenciais non é obligatoria, aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

Utilizaranse os criterios da segunda oportunidade

IMPLICACIÓNS DO PLAXIO

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez verificado, implicará directamente unha nota de "0" na materia na oportunidade correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes