Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Técnicas Documentais Aplicadas á Investigación Científica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A4 B6 B7 B9 C6 C7 C10 C11 C12 C13 C14 Valorarase a adecuación ás pautas marcadas para cada actividade, o contido, as achegas por parte dos alumnos, a coherencia da súa estructura, a redacción e presentación. Poderán especificarse outros criterios de avaliación particulares no momento da presentación das actividades aos alumnos.

30
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 C1 C3 C14 C15 C17 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas persoais, a claridade na formulación e estrutura, a capacidade de síntese, a redacción e presentación, fontes e bibliografía utilizada.
Será imprescindible acordar o tema coa profesora dentro do prazo establecido a tal fin.
Requerirase a súa exposición na aula.
30
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 B3 B6 B7 C5 C10 C11 Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas plantexadas, o nivel de coñecementos demostrado, a ausencia de erros, as achegas persoais, así como a capacidade do alumnado para sintetizar, desenvolver, comparar ou relacionar de forma autónoma o contido teórico-práctico da materia. Terase en conta a expresión, corrección ortográfica e presentación, que poderán restar puntos. 40
 
Observacións avaliación

Ao tratarse dunha materia da que non se imparten aulas durante o curso 2022-2023, será obrigatorio para TODO O ALUMNADO acordar unha titoría NAS DÚAS PRIMEIRAS SEMANAS DO CUADRIMESTRE  co fin de establecer un plan de traballo idóneo. Establecerase entón un calendario para consensuar o tema do traballo tutelado e das prácticas do portafolios que o precisen e realizar as entregas. 

Para aprobar a materia é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación, a condición de que se obteña un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das metodoloxías. Se a nota nalgunha destas metodoloxías é inferior a 4 suspenderase a materia. 

De non concurrir nalgunha das metodoloxías, a cualificación será de non presentado (N. P.).

Cando sexa necesario acordar un tema, non se avaliarán as entregas non consensuadas coa profesora, como mínimo, 15 días antes do final das aulas do periodo lectivo do cuatrimestre.     

Cando se teña feito unha das entregas do portafolios, as restantes prácticas desa metodoloxía non entregadas no prazo que se estableza cualificaranse cun 0. Este será tamén o caso dos traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE:  

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Para aprobar, respectaranse as mesmas condicións e porcentaxes da primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas, polo que os alumnos poderán recuperarán só a parte/partes que teñan suspensas. 

Será obrigatorio comunicar á docente como se abordará á avaliación nesta segunda oportunidade. Non se avaliaran os traballos que non teñan sido consensuados, como mínimo, 15 días antes da data fixada para o exame pola Facultade de Humanidades. Será responsabilidade dos estudantes contactar coa profesora para tal fin. Para presentarse ao exame (proba mixta), é requisito imprescindible entregar previamente os traballos das restantes metodoloxías.

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS ÁS AULAS LEGALMENTE RECOÑECIDA: 

Avaliaranse polo mesmo sistema que o resto do alumnado

.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes