Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Arquivos de Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A5 A6 A7 B4 B5 B6 B8 C1 Valorarase a adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, a coherencia da súa estrutura, a redacción e a presentación.

Entregarase cada actividade na data indicada polo profesor.

Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
20
Lecturas A2 A3 A4 B4 B5 B8 C1 C5 C7 C8 Serán un mínimo de 3 e tamén se avaliará a entrega na data establecida, e ademáis do resumo tamén se avaliará a contextualización e a reflexión persoal sobre o asunto tratado na lectura. 20
Traballos tutelados A2 A3 B1 B2 B3 C1 C3 Traballo de investigación sobre arquivos de empresas. As orientacións se publican no Moodle.
20
Proba mixta A2 A3 A4 A5 A6 A7 Avaliaranse os contidos das respostas, a adecuación das mesmas ás preguntas realizadas, a capacidade de argumentación, o emprego da terminoloxía, a expresión escrita, a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), a creatividade e o espírito crítico.
Non se corrixirán aquelas respostas que conteñan faltas de ortografía ou non contesten ó tema exposto.
40
 
Observacións avaliación

Efectuar e aprobar cada un dos alumnos (lecturas, portafolios e traballo tutelado) é indispensabel para superar a materia, polo que é precisa a súa entrega para facer o exame da asignatura. As mesmas non subirán nota cando o discente non conquira o aprobado no exame, xa que non obter esa mínima cualificación implica non aprobar a disciplina.

Os estudiantes de matrícula parcial o de programas de mobilidade deben contactar co docente na primeira semana de clases.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes