Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Prácticas Externas (Prácticum)
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Prácticas Externas (Prácticum) Código 710G02052
Titulación
Grao en Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Computación
Humanidades
Coordinación
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
Profesorado
Ameneiros Rodríguez, María Rocío
Correo electrónico
rocio.ameneiros@udc.es
Web
Descrición xeral A realización de prácticas externas permite o contacto do alumnado co ámbito laboral, coñecendo a realidade das unidades de información, os seus profesionais e usuarios. -Para a súa realización, tal como figura na Memoria do Grao de Información e Documentación, o/a estudante debe ter aprobados 180 ECTS. -O marco lexislativo do Practicum recóllese no Real Decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos/as estudantes universitarios/as. Neste documento defínense os deberes e dereitos do alumnado, do/a titor/a de prácticas, así como os mecanismos de avaliación e seguimento.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías * Metodoloxías docentes que se manteñen - Traballos tutelados * Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral. Mantense a metodoloxía e realizarase mediante Teams. - Prácticas de laboratorio A modificación que se describe a continuación está baseada na proposta do documento "Medidas para la finalización del curso académico 2019-2020 y asegurar la calidad docente ante la situación excepcional provocada por la covid-19". Serán tidas en conta tamén as medidas concretas relativas ás prácticas curriculares adoptadas pola Universidade da Coruña durante o curso 2021/2022. Manteranse as prácticas na modalidade presencial sempre que se garanta que se respectan os parámetros que as autoridades sanitarias requiren. Garantirase que a entidade manteña o plan de formación e titoría coas adaptacións que as circunstancias poidan requirir. Se non se poden respectar as condicións indicadas, as prácticas deben ser interrompidas e poderán recuperarse noutro período unha vez que se poidan restablecer as condicións para o seu desenvolvemento normal. Garantirase que a entidade manteña o plan de formación e titoría coas adaptacións que as circunstancias poidan requirir. Se as condicións indicadas no primeiro suposto non existen e a súa recuperación non é factible nun período posterior, consideraranse rematadas. Permitirase a avaliación do alumnado que teña completado o 50% das horas inicialmente previstas. No caso de que o número de horas prácticas realizadas polo/a alumno/a non chegue a este 50%, o Decanato en coordinación co/coa titor/a académico/a poderá autorizar a avaliación sempre que se garantice que se acadaron os obxectivos formativos previstos e as competencias asociadas coa materia. Con este propósito, as actividades de avaliación previstas inicialmente nos programas poden modificarse, completándose con novos traballos, proxectos, resolución de casos prácticos e outras actividades similares. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico. Atención continua para resolver dúbidas e facer o seguimento do avance. – Teams. Realización de sesións de resolución de dúbidas do alumnado baixo demanda. – Campus Virtual. Utilizarase para enviar mensaxes de difusión ao alumnado e para recoller a memoria de prácticas. 4. Modificacións na avaliación A avaliación so se modifica no caso de que o número de horas prácticas realizadas polo/a alumno/a non chegue a este 50%. Neste caso, o Decanato xunto co/coa titor/a académico/a do alumnado decidirán se a avaliación se realiza coas horas efectivamente realizadas ou se lle solicita ao alumnado a realización de actividades complementarias. A realización fraudulenta das prácticas ou da memoria implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Todos os materiais de traballo están dispoñibles no Campus Virtual.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes