Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
   Xestión da Información Fundamentos e Teoría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A6 B7 C8 Avaliarase a entrega na data establecida, síntese e reflexión persoal do asunto tratado.
10
Prácticas a través de TIC A2 A3 A5 B1 B2 B7 C1 C2 C9 Avaliaranse as prácticas de acordo coa asistencia e a execución das prácticas sinaladas.

10
Traballos tutelados A2 A3 A5 B6 B7 C1 C2 C8 C9 C18 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e entrega no prazo establecido.
40
Proba obxectiva A1 A6 B1 B5 B8 C1 Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas expostas, os coñecementos, a ausencia de erros, a achega persoal, así como a claridade, síntese e orde na exposición, e a presentación.
40
 
Observacións avaliación

A realización dos traballos tutelados é requisito imprescindible para presentarse á proba obxectiva. Para aprobar a materia deberán superarse tanto a proba obxectiva como os traballos tutelados. As notas dos traballos tutelados, individuais e en grupo, en caso de ser positivas, conservarase para as dúas probas sucesivas do ano académico; en caso de nota negativa, e tamén para as dúas probas sucesivas, poderase/n reelaborar o/o traballo/s presentado/s inicialmente ou presentar un novo traballo, sempre de acordo coa profesora.
As entregas das prácticas e lecturas terán que presentarse na data establecida. Nestes casos, non hai opción á súa repetición nin entrega posterior.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes